- OPOSICIONES XUNTA DE GALICIA - http://oposicionesxuntadegalicia.com.es -
TEMARIO ADMINISTRATIVO (C1) DEL SERGAS 2009.
Enviado por admin el 7. Marzo 2009 @ 17:30 En Temarios Sergas 2009 | comentarios desactivados
PRAZAS OFERTADAS: 7
- Libre: 2
- Promoción interna: 4
- Discapacitados: 1
PARTE COMÚN.
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.
PARTE ESPECÍFICA.
Tema 9.-Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica: os dereitos da información sanitaria e da intimidade. A Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes, modificada pola Lei 3/2005, do 7 de marzo: historia clínica.
Tema 10.-A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: disposicións xerais; protección de datos; dereitos das persoas; ficheiros de titularidade pública.
Tema 11.-Tarxeta sanitaria: características fundamentais, alcance e contido.
Tema 12.-A Seguridade Social: réxime xeral e réximes especiais. Afiliación. Altas e baixas: procedemento e efectos. Cotización: concepto e natureza xurídica da cota. Continxencias e situacións protexidas. Prestacións: incapacidade temporal, invalidez, xubilación, morte e supervivencia. A protección por desemprego.
Tema 13.-A Lei xeral orzamentaria e as leis anuais de orzamentos. Estrutura e contido da Lei xeral orzamentaria. O Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Tema 14.-O orzamento do Servizo Galego de Saúde.
Tema 15.-Modificacións orzamentarias. Créditos extraordinarios e suplementos de créditos. Transferencias. Outras modificacións orzamentarias.
Tema 16.-Procedemento de execución orzamentaria. Fases. O control orzamentario. Concepto. Natureza e ámbito de aplicación. Clases. O Consello de Contas.
Tema 17.-Contratación de obras: actuacións previas e expedientes de contratación. Procedemento de contratación. Formalización. Certificacións de obra. Liquidación.
Tema 18.-Contratacións de subministracións. Actuacións preparatorias. Formas de adxudicacións. Formalización.
Tema 19.-Contratacións de servizos. Obxecto do contrato. Preparación, adxudicación, formalización. Os concesionarios públicos: a súa posición xurídica.
Tema 20.-Xestión de inmobilizado: concepto e clasificación. Análise de investimentos. Inventarios: tipos e realización. O orzamento dos investimentos. A obsolescencia: modalidades. As amortizacións.
Tema 21.-Xestión de almacéns. Xestión de existencias. Criterios de valoración. Cálculo de stockaxe. Sistemas de identificación de produtos. Control de consumos. Determinación das unidades de custo sanitario. Procedementos. Estándares.
Tema 22.-A xestión hostaleira. Alimentación: procesos funcionais. Lenzaría e lavandaría: procesos funcionais. A xestión dos residuos sanitarios: conceptos básicos.
Tema 23.-O persoal ao servizo das administracións públicas. Clases de persoal. Principios definidores do persoal funcionario, estatutario e laboral. Lexislación aplicable.
Tema 24.-Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Lei 55/2003, de 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Planificación e ordenación do persoal.
Tema 25.-Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Situacións. Dereitos e deberes. Réxime disciplinario.
Tema 26.-Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: provisión de prazas, selección e promoción interna. Mobilidade do persoal. Carreira profesional. Retribucións. Xornada de traballo, permisos e licenzas. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 27.-Provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Selección de persoal fixo. Promoción interna. Mobilidade. Criterios de incorporación e cesamento. Provisión de postos de xefatura e coordinación. Provisión de postos de carácter directivo. Plans de ordenación de recursos humanos. Selección de persoal temporal.
Tema 28.-Réxime retributivo do persoal do Servizo Galego de Saúde. A nómina: confección e tramitación. Cadros orzamentarios de persoal. Acción social. Carreira profesional. Xornadas, permisos e licenzas.
Tema 29.-Os dereitos sindicais e de folga. Os órganos de representación do persoal funcionario e estatutario. A participación na determinación das condicións de traballo. Acordos e pactos.
Tema 30.-As incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Análise específica das incompatibilidades no sector sanitario e a súa problemática.
Tema 31.-O acto administrativo: concepto e clases. A motivación e a forma. O silencio administrativo e os actos presuntos. Eficacia do acto administrativo. A notificación e a publicación. Invalidez dos actos: actos nulos e actos anulables.
Tema 32.-Procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Revisión dos actos en vía administrativa. Os recursos administrativos: concepto e clases. O recurso contencioso administrativo. Responsabilidade das administracións públicas.
Tema 33.-Funcionamento das institucións sanitarias. Servizo de documentación clínica hospitalaria. Servizo de Admisión. Servizo de Atención ao Paciente.
Tema 34.-Clasificación e arquivo de documentos. Ideas xerais sobre o sistema de clasificación. Documentación de uso das institucións sanitarias: administrativa e clínica. Arquivo de documentos: natureza e clases de arquivos. Funcionamento dos arquivos. Entrada en arquivo, saída en arquivo e devolucións. Dereito de acceso a arquivos e rexistros.
Tema 35.-Os sistemas de información: conceptos xerais das tecnoloxías da información.
Tema 36.-.Os ordenadores persoais. Sistemas operativos actuais. A protección xurídica dos programas de ordenador.
Tema 37.-Ferramentas principais de informática persoal. Bases de datos. Follas de cálculo. Procesadores de texto. Bases de datos documentais.
Tema 38.-Redes de área local: concepto. Compartición de recursos, vantaxes. Rede internet: concepto. Principais navegadores. Correo electrónico. Intranet.
Entrada impresa a partir de OPOSICIONES XUNTA DE GALICIA: http://oposicionesxuntadegalicia.com.es
URL del artículo: http://oposicionesxuntadegalicia.com.es/2009/03/07/temario-administrativo-c1-del-sergas-2009/
Haga clic aquí para imprimir.