- OPOSICIONES XUNTA DE GALICIA - http://oposicionesxuntadegalicia.com.es -
OPOSICIONES XUNTA DE GALICIA, CUERPO SUPERIOR, A1, ACCESO LIBRE Y CONSOLIDACIÓN: LUGAR, FECHA Y HORA DEL EXAMEN, Y EL CORTE.
Enviado por admin el 8. Octubre 2009 @ 14:36 En XUNTA GRUPO A1 (antiguo A) | 1 comentario
ACCESO LIBRE:
Primeiro.-O primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 18 de outubro de 2009, no pavillón núm. 1 do recinto da Feira Internacional de Silleda, en chamamento único, que se iniciará ás 10.00 horas.
Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do núm. 2 e goma de borrar.
Terceiro.-Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e tenza de teléfonos móbiles, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico. Así mesmo, queda prohibido o acceso ao recinto con calquera outro material ou instrumento do cal se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.
Cuarto.-O tribunal acordou, por unanimidade, que o número total de respostas acertadas para obter a cualificación de aprobado (10 puntos) veña dado polo número de respostas acertadas que teña o aspirante que quede clasificado na posición centésimo vixésimo quinta (125ª) nunha escala establecida entre o aspirante de máis respostas acertadas e o de menos. Se hai varios aspirantes con igual número de respostas acertadas a aquel que ocupe o posto número 125, entenderase que todos eles estarán aprobados. Para os efectos do dito ata agora enténdense como respostas acertadas as que queden despois de deducir as respostas erróneas.
CONSOLIDACIÓN:
Primeiro.-O primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 17 de outubro de 2009, no pavillón número 1 do recinto da Feira Internacional de Silleda, en chamamento único, que se iniciará ás 10.00 horas.
Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Terceiro.-Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e tenza de teléfonos móbiles, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico. Así mesmo, queda prohibido o acceso ao recinto con calquera outro material ou instrumento do cal se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.
Entrada impresa a partir de OPOSICIONES XUNTA DE GALICIA: http://oposicionesxuntadegalicia.com.es
URL del artículo: http://oposicionesxuntadegalicia.com.es/2009/10/08/oposiciones-xunta-de-galicia-cuerpo-superior-a1-acceso-libre-y-consolidacion-lugar-fecha-y-hora-del-examen-y-el-corte/
Haga clic aquí para imprimir.