- OPOSICIONES XUNTA DE GALICIA - http://oposicionesxuntadegalicia.com.es -
PUBLICACIÓN DE LAS EXPULSIONES EN EL DOG.
Enviado por admin el 17. Noviembre 2009 @ 22:09 En XUNTA GRUPO C2 (antiguo D), XUNTA GRUPO C1 (antiguo C) | Ningún comentario
Ayer se publicaron en el DOG las [1] resoluciones de los tribunales del C1 acceso libre y [2] C2 consolidación por las cuales se expulsa de estos procesos selectivos a los cinco opositores. Aquí las podéis leer, con la excepción de los nombres propios. Si queréis leerlas completas, pinchad los enlaces y os llevarán directamente al DOG.
C1 ACCESO LIBRE:
Resolución do 9 de novembro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008.
O tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 18 de xullo de 2008 recibiu o día 6 de novembro de 2009 escrito da Dirección Xeral da Función Pública en que se remite o informe sobre as presuntas irregularidades dos procesos selectivos de oposición aos corpos administrativo e auxiliar, subgrupos C1 e C2, elaborado polos equipos de auditores da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.
No citado escrito a Dirección Xeral da Función Pública comunica a este tribunal que:
1. Da investigación practicada non se desprende ningún indicio de que este tribunal non cumpriu as funcións que ten encomendadas legalmente e que actuou correctamente, e non existe ningún motivo para que non continúe desenvolvendo as súas funcións.
2. Ao seu xuízo, o tribunal debería excluír do proceso selectivo os seguintes opositores:
(…)
Este tribunal, unha vez analizado o escrito da Dirección Xeral da Función Pública e o informe dos auditores da Xunta de Galicia, adoptou os seguintes acordos:
1. Continuar co desempeño das funcións encomendadas ata o remate do proceso selectivo, coa seguridade de que a súa actuación respectou en todo momento a obxectividade, neutralidade e imparcialidade requirida, cumprindo co deber de sixilo profesional.
2. Acordar, en virtude das facultades outorgadas polas bases da convocatoria e os artigos 6 e 7 das instrucións de funcionamento dos tribunais emitidas pola Dirección Xeral da Función Pública, a exclusión do proceso selectivo dos seguintes opositores:
(…)
3. A exclusión do proceso selectivo dos opositores citados acórdase con base nos feitos constatados e os indicios razoables postos de manifesto no informe remitido, dos que se desprende que os citados opositores coñecían o contido do primeiro exercicio da fase de oposición antes da súa celebración, e co fin de garantir os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade que rexen o acceso á función pública, recollidos nos artigos 23.3º e 103 da Constitución española.
4. Como consecuencia da citada exclusión, o tribunal acorda modificar a listaxe de puntuacións obtidas polos/polas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, aprobada pola resolución deste tribunal de 15 de outubro de 2009 e publicar a nova listaxe de puntuacións no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2009.
(…) Presidente do tribunal
C2 CONSOLIDACIÓN:
Resolución do 9 de novembro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 4 de xullo de 2008.
O tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 4 de xullo de 2008 recibiu o día 6 de novembro de 2009 escrito da Dirección Xeral da Función Pública en que se remite o informe sobre as presuntas irregularidades dos procesos selectivos de oposición aos corpos administrativo e auxiliar, subgrupos C1 e C2, elaborado polos equipos de auditores da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa.
No citado escrito a Dirección Xeral da Función Pública comunica a este tribunal que:
1. Da investigación practicada non se desprende ningún indicio de que este tribunal non cumpriu as funcións que ten encomendadas legalmente e que actuou correctamente, e non existe ningún motivo para que non continúe desenvolvendo as súas funcións.
2. Ao seu xuízo o tribunal debería excluír do proceso selectivo os seguintes opositores:
(…)
Este tribunal, unha vez analizado o escrito da Dirección Xeral da Función Pública e o informe dos auditores da Xunta de Galicia, adoptou os seguintes acordos:
1. Continuar co desempeño das funcións encomendadas ata o remate do proceso selectivo, coa seguridade de que a súa actuación respectou en todo momento a obxectividade, neutralidade e imparcialidade requirida, cumprindo co deber de sixilo profesional.
2. Acordar, en virtude das facultades outorgadas polas bases da convocatoria e os artigos 6 e 7 das instrucións de funcionamento dos tribunais emitidas pola Dirección Xeral da Función Pública, a exclusión do proceso selectivo dos seguintes opositores:
(…)
3. A exclusión do proceso selectivo dos opositores citados acórdase con base nos feitos constatados e os indicios razoables postos de manifesto no informe remitido, dos que se desprende que os citados opositores coñecían o contido do primeiro exercicio da fase de oposición antes da súa celebración, e co fin de garantir os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade que rexen o acceso á función pública, recollidos nos artigos 23.3º e 103 da Constitución española.
4. Como consecuencia da citada exclusión, o tribunal acorda modificar a listaxe de puntuacións obtidas polos/polas aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, aprobada pola resolución deste tribunal de 27 de outubro de 2009 e publicar a nova listaxe de puntuacións no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2009.
(…) Presidenta do tribunal
Entrada impresa a partir de OPOSICIONES XUNTA DE GALICIA: http://oposicionesxuntadegalicia.com.es
URL del artículo: http://oposicionesxuntadegalicia.com.es/2009/11/17/publicacion-de-las-expulsiones-en-el-dog/
URLs in this post:
[1] resoluciones de los tribunales del C1 acceso libre : http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/3E01A?OpenDocument
[2] C2 consolidación : http://www.xunta.es/Dog/Dog2009.nsf/FichaContenido/3E016?OpenDocument
Haga clic aquí para imprimir.