Archivo para 15. Junio 2010

8 PLAZAS DE SUBALTERNO EN EL AYUNTAMIENTO DE LA CORUÑA.

     BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

     El BOE de 10 de junio de 2010 publica la siguiente resolución:

          - Resolución de 28 de mayo de 2010, del Ayuntamiento de A Coruña, referente a la convocatoria para proveer varias plazas.

     En el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» n.º 94, de 21 de mayo de 2010, se publicó anuncio relativo a la convocatoria pública para la provisión, mediante oposición libre, de las siguientes plazas:

          - Ocho plazas de Subalterno. Escala de Administración General, subescala Subalterna.

     Las bases íntegras de esta convocatoria aparecen publicadas en el «Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña» número 94, de 21 de mayo de 2010.

     El plazo de presentación de instancias será de veinte días naturales, contados desde el día siguiente a la publicación de este anuncio en el «Boletín Oficial del Estado». (HASTA EL 30 DE JUNIO, INCLUSIVE).

     BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE LA CORUÑA, 21 DE MAYO DE 2010.

     A destacar:

     Primeiro exercicio.–De carácter obrigatorio e eliminatorio que consistirá en contestar por escrito, no tempo máximo de corenta e cinco minutos, un cuestionario de 40 preguntas, “tipo test” con catro respostas alternativas, sendo só unha delas correcta, determinadas polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba e baseado no contido da parte xeral do programa recollido no anexo I da presente convocatoria.

     O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar o mínimo sinalado. As respostas deixadas en branco non puntuarán e cada pregunta incorrecta restarán 0,25 puntos.

      Segundo exercicio.–De carácter obrigatorio e eliminatorio que consistirá en desenvolver por escrito, nun tempo máximo de dúas horas, un cuestionario de 20 preguntas con respostas curtas, determinadas polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba e relacionado coas materias comprendidas no anexo I desta convocatoria. Neste exercicio valorarase o contido das respostas e a capacidade de redacción así como a concreción e a claridade na exposición.

     O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

     Terceiro exercicio.–De carácter obrigatorio e eliminatorio consistente na realización, durante un período de dúas horas de dous supostos prácticos que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio así como a contestar oralmente as preguntas que se poidan formular. Os supostos formulados polo tribunal versarán sobre os contidos das materias comprendidas na parte especial do anexo I desta convocatoria e estarán relacionados coas funcións propias das Agrupacións Profesionais.

     Esta proba será cualificada de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima.

     Cuarto exercicio.–Consistirá na tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego, nun tempo máximo de 1 hora. Os textos serán elixidos polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba, correspondéndolle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para superar a proba.

     O presente exercicio puntuarase como apto ou non apto.

     Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega CELGA II ou equivalente estarán exentos da realización do presente exame.

     TEMARIO

          PARTE XERAL

               TEMA 1.–A Constitución Española de 1978.

               TEMA 2.–O Estatuto de Autonomía de Galicia.

               TEMA 3.–O Municipio. Elementos: territorio e poboación. Competencias dos municipios. A organización municipal. Principios fundamentais. Municipios de gran poboación e municipios de réxime común.

               TEMA 4.–Municipios de gran poboación: o alcalde. Competencias. Forma de elección e cesamento. Os tenentes de alcalde. A Xunta de Goberno Local: composicion e atribucións. O Concello. Pleno. Composición e competencias. As comisións informativas.

               TEMA 5.–O persoal ao servizo da Administración Local: Clases de Persoal. Dereitos e deberes. Faltas e sancións do réxime disciplinario.

          PARTE ESPECIAL

               TEMA 6.–A notificación do acto administrativo. Formas de practicarse. Efectos. A notificación defectuosa. O Rexistro Xeral de entrada e saída de documentos. Presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas. Comunicacións entre órganos.

               TEMA 7.–Os dereitos dos cidadáns fronte á Administración. Atención ao público, directa e telefónica. Coñecemento, utilización e atención dun servizo telefónico. Envíos e recibos postais.

               TEMA 8.–Máquinas auxiliares de oficina: fotocopiadora, franqueadora, destrutora de documentos, telefax e outras análogas. Utilización e mantemento básico.

               TEMA 9.–Dependencias do Excelentísimo Concello da Coruña. Situación doutros organismos públicos dentro do termo municipal.

               TEMA 10.–Funcións das agrupacións profesionais: vixilancia e custodia de oficinas e edificios; clasificación de documentos para a súa distribución; mensaxería interna e externa; Información ao público sobre dependencias e localización de oficinas; Protocolo.

               TEMA 11.–A Lei de Prevención de Riscos Laborais: ámbito de aplicación. Dereitos e obrigas.

|