PRIMER EJERCICIO SUBALTERNOS CONSOLIDACIÓN 28 MARZO 2009
www.oposicionesxuntadegalicia.com.es
Si arriba, en una franja color arena, el Explorer te avisa de que ha bloqueado el archivo, pincha en ella y marca "permitir contenido bloqueado".
Segundo o artigo 147 da Constitución Española do 27 de decembro de 1978, dentro dos termos da Constitución, os Estatutos serán a norma institucional básica de cada Comunidade Autónoma e o Estado:
Recoñeceraos e ampararaos como parte integrante do seu territorio.
Recoñeceraos e ampararaos como parte integrante do seu ordenamento xurídico.
Deberá velar pola súa especial protección e respecto.
En ningún caso poderá propor a súa reforma sen a proposta previa do parlamento da respectiva Comunidade Autónoma.
Segun do o artigo 3 da Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, a situación na que unha persoa sexa, fora ou puidese ser tratada por razón de sexo de maneira menos favorable que outra en situación comparable defínese como:
Discriminación directa.
Discriminación indirecta.
Discriminación de xénero.
Discriminación sexual.
De acordo co artigo 62 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, serán nulos de pleno dereito os actos da Administración que:
Incorran en calquera infracción do ordeamento xurídico.
Supoñan desviación de poder.
Sexan constitutivos de infracción penal.
Se dicten por órgano que manifeste ser incompetente por razón da materia e do territorio.
A publicación da declaración de principios prevista no artigo 49 bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, como mínimo terá lugar:
Nos diarios de maior tirada.
Nas redes sociais.
No taboleiro de anuncios de cada centro de traballo e unidades administrativa.
No Diario Oficial de Galicia..
De acordo co artigo 46 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, están lexitimados para convocar unha reunión:
Os Delegados Sindicais.
As Xuntas de persoal.
Os comités de empresa.
Todos os anteriores.
Segundo o artigo 13 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia, as leis de Galicia:
Serán promulgadas en nome de El-Rei polo Presidente do Parlamento, e publicadas no diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.
Serán propostas en nome de El-Rei polo Presidente da Xunta, e publicadas no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.
Serán promulgadas en nome de El-Rei polo Presidente da Xunta, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Serán promulgadas en nome de El-Rei polo Presidente da Xunta, e publicadas no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado.
En relación ao dereito ao disfrute das vacacións segundo o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, sinale cal afirmación é correcta:
O dereito aos días hábiles adicionais farase fectivo no año natural en que se cumpran os anos de servizo marcados no Decreto.
Os sábados non computarán, a estes efectos, como días hábiles en ningún caso.
O calendario de vacacións elaborarase con carácter anual e oirase aos órganos de representación dos funcionarios.
Terán preferencia á hora de elixir o período vacacional os funcionarios con fillos ou fillas menores de 14 anos ou maiores dependentes ao seu coidado.
Se unha Comunidade Autónoma non cumprira as obrigacións que a Constitución ou outras leis lle impoñan:
O goberno, coa aprobación por maioría absoluta do Senado, poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ao seu cumprimento forzoso.
O Goberno, previo requerimento ao Presidente da Comunidade Autónoma, poderá adoptar as medidas necesarias para obrigar a aquela ao seu cumprimento forzoso.
O Tribunal Constitucional anulará de oficio as disposicións e os actos que deran lugar a tal incumprimento.
O Tribunal Constitucional, por proposta da maioría absoluta do Senado anulará de oficio as disposicións e os actos que deran lugar a tal incumprimento.
Segundo o establecido no artigo 5º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xnta e da súa Presidencia:
A Xunta reúnese en Consello, que someterá o seu funcionamento aos principios de legalidade, colexialidade, participación e coordinación.
A Xunta reúnese en Consello, que someterá o seu funcionamento aos principios de unidade, legalidade, participación e coordinación.
A Xunta reúnese en Consello, que someterá o seu funcionamento aos principios de unidade, colexialidade, participación e coordinación.
A Xunta reúnese en Consello, que someterá o seu funcionamento aos principios de unidade, colexialidade, legalidade e coordinación.
Segundo dispón o artigo 40 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común:
As Administracións Públicas, de oficio ou a solicitude do interesado entregaranlle certificación facendo constar a comparecencia.
A comparecencia dos cidadáns ante as oficinas públicas será obrigatoria cando así esté previsto nunha disposición regulamentaria.
Nos casos no que proceda a comparecencia, a correspondente citación fará constar expresamente o lugar, data, hora e obxecto da comparecencia, así como os efectos de non atendela.