Archive for the ‘Oposiciones Diputación de Pontevedra’ Category

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes

Jueves, noviembre 3rd, 2011

     En el DOG de hoy, 3 de noviembre de 2011, se publica este anuncio de la Diputación de Pontevedra:

     DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

     ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral.

     No Boletín Oficial da provincia n.º 98, do 14 de outubro de 2011, publícanse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral desta deputación provincial, incluídas en diversas ofertas de emprego público:

–– 1 praza de técnico de administración xeral, encadrada na escala de admón. xeral, subescala técnica e integrada no grupo A1, por quenda libre e reservada a persoas con discapacidade.

–– 1 praza de técnico de xestión de persoal, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1, por quenda de promoción interna.

–– 1 praza de técnico medio de administración de persoal, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre.

–– 1 praza de enxeñeiro técnico informático de xestión, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre.

–– 1 praza de enxeñeiro técnico agrónomo, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase técnico medio e integrada no grupo A2, por quenda libre.

–– 4 prazas de técnico auxiliar de educación diúrna, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre.

–– 1 praza de técnico auxiliar de recursos humanos, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre.

–– 1 praza de corrector de probas, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre.

–– 2 prazas de programador, encadradas na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre.

–– 1 praza de técnico auxiliar de fiscalización, encadrada na escala de admón. especial, subescala técnica, clase auxiliar e integrada no grupo C1, por quenda libre.

–– 1 praza de administrativo de administración xeral, encadrada na escala de admón. xeral, subescala administrativa e integrada no grupo C1, por quenda libre.

–– 6 prazas de auxiliar de administración xeral, encadradas na escala de admón. xeral, subescala auxiliar e integradas no grupo C2, por quenda libre.

–– 1 praza de auxiliar de administración xeral, encadrada na escala de admón. xeral, subescala auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre e reservada a persoas con discapacidade.

–– 1 praza de encargado de cociña, encadrada na escala de admón. especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C1, por quenda libre.

–– 1 praza de auxiliar informático, encadrada na escala de admón. especial, subescala cometidos especiais, clase auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre.

–– 1 praza de auxiliar de campo, encadrada na escala de admón. especial, subescala cometidos especiais, clase auxiliar e integrada no grupo C2, por quenda libre.

–– 1 praza de oficial de viveiros e tratamentos fitosanitarios, encadrada na escala de admón. especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, por promoción interna.

–– 2 postos de traballo de operario de servizos varios a tempo parcial, clasificados no grupo E, por quenda libre e reservados a persoas con discapacidade intelectual.

     A presentación de solicitudes poderase efectuar ben no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).